Sobre Mín

 

Artesanía en tela é un dos oficios mais antíguos da humanidade, ainda que tardou moitos seculos en considerarse como tal. Na miña familia xa dende a bisavoa se tecían xerseis e calcetins de lá para toda a bisbarra. Seguiron a tradición miña avoa, e a miña nai, estas dúas, ampliando  o abano de posibilidades e xa facendo bordados en teas.  Dende pequeña elas me ensinaron todo canto sabían.

Polo ano 1980 en Viveiro. Sendo ainda unha rapaciña fixen un curso intensivo durante un mes (maña e tarde) de bordado a man con maquina, alí aprendín a cortar pezas e facer deseños que logo poderia seguir perfeccionando.

Polo ano 1986 en As Pontes fixen outro curso similar impartido pola casa Refrey, pero esta vez de bordado artístico.

Todo isto xunto coa miña propia devoción pola artesanía e a decoración levoume a practicar o longo da mi vida, e facer cousas para calquera que mas pedira..

É agora dende fai dous anos aproximadamente que me adico de cheo  a artesanía en tea en xeral. A innovar… a imaxinar; E facer realidade esas imaxinacións. A recoller  e recuperar a Antiga artesanía en teas

A ARTESÁ

 

Maria Del Carmen Rivera Vidal

Teléfono: 661866552

Correo electrónico: mcrivera.comercial@gmail.com